Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-707
Clasificación Genérica Ephemera; Documentos e publicacións
Objeto/Documento Estampa
Autor/a Grabador e debuxante: Callot, Jacques [(1592-1635). Gravador e debuxante francés (nado en Nancy) que foi un importante innovador da técnica e temática gráficas. Como gravador da corte dos Medici en Florencia entre 1612 y 1621, utilizou un medio novo para o gravado ó augaforte (un barniz de ac]
Bonnart, Henri [Grabador y editor (1642-1711). Pertencente a unha das mellores familias de gravadores franceses da época, con establecemento en París. Sus trabajos máis coñecidos son os retratos de personajes nobles do momento mostrando as últimas modas.]
Título [Batalla do rei tessi e del rei Tinta. Festa representada en el Arno o 25 de xullo de 1619 ]. BATTAGLIA DEL RE TESSI E DEL RE TINTA FESTA RAPRESENTATA DÁRNO IL DI XXV DI LVGLIO .1.6.1.9. Chamado O abano
Materia/Soporte Papel afiligranado
Papel verxurado
Técnica Augaforte [con callot a técnica do augaforte acadou un alto grao técnico nesta técnica a alta cualificación artística alcanzouna rembrandt]
Dimensiones Altura = 23,40 cm; Anchura = 30,50 cm
Descripción Festividade de Santiago. A festividade representada era común en Florencia por ser Santiago o su patrón.
[Batalla do rei tessi e del rei Tinta. Festa representada en el Arno o 25 de xullo de 1619 ].
Escea enmarcada nunha cartela co remate inferior con motivos de mascaróns nos seus estremos inferior e superior. Mesmo os persoaxes do primeiro plano están sentados sobre as volutas da mesma cartela. A imaxe representa un primeiro plano destes persoaxes que observan a escea que se desenrola; nunsegundo plano os asistentes a celebración pasean a pé o en carruaxes, conversan, xogan e presentan un ambente de diversión e festa. O plano central o ocupa o tramo dun río entra dúas pontes, o río Arno tal e como figura na filactería que contén o título da estampa. No río aparecen barcas e foguetes artificiais, amosando unha especie de naumaquia. Ó fondo vése a cidade de Florencia. Na zona superior desta imaxe aparece una filacteria cunha inscrición (V. Inscripción / marcas).
Iconografia Celebraciones y fiestas
Inscripciones/Leyendas Debaixo do mascarón interno da cartela
BATTAGLIA DEL RE TESSI E DEL RE TINTA FESTA RAPRESENTATA DÁRNO IL DI XXV DI LVGLIO .1.6.1.9.
Firmas/Marcas/Etiquetas Preto da voluta dereita do mascarón de enmarque.
Jacques Callot (
)
Na voluta esquerda
Chez A. (N?) Bonnart
Datación 1619[?] (Posiblemente 1619 ou posterior xa que reflicte a imaxe das festas do Apóstolo en Florencia nese ano. Non posterior á morte do gravador , Jacques Callot que morreu en 1635.)
Uso/función Documental
Clasificación Razonada Esta imaxe reflicte as importantes celebracións que tiñan lugar en Florencia co gallo do día do Apóstolo Santiago, é dicir cada 25 de xullo. Con un grande realismo preséntanse batallas, xogos navais e foguetes artificiais sobre o río Arno o que da idea da importancia desta fiesta na Florencia dos Médici, concretamente na época de Cosme III de Médici, que viaxou por toda España e Portugal e non deixou de visitar Santiago de Compostela.
Como é característico nas súas obras dispón os espectadores como referentes da perspectiva. A cartela ou abano que pecha a imaxe está inspirada nunha fonte que aínda hoxe pode verse na ponte de Sta. Trindade.
Respecto á Festa do 25 de xullo era o día no que o Gran Duque organizaba unha grande festa naútica sobre o río Arno co gallo da festividade do Apóstol Santiago, patrón da cidade. A festa de 1619 representou a batalla entre o rei Tessi e o rei Tinta que representaban respectivamente ós gremios dos tecedores eó dos tintureiros. Probablemente o organizador da celebración e os actos do ano 1619 foi obra de Giulio Pariggi.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 06/09/2004
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6